COLLAGE Esta semana ides a facer un collage, é dicir un "debuxo" feito con recortes de periódicos, revistas ou outros materiais dos que dispoñades na casa. Un collage pódese facer seguindo os seguintes pasos que indican no enlace: https://webdelmaestro.com/como-hacer-un-collage/ Unha vez que tedes os materiais, vamos ó seguinte paso que é o tema. Este debe facer referencia ós traballadores/as que estes días deben traballar para facilitarnos as cousas máis imprescindibles (alimentos, menciñas, etc) como poden ser os caixeiros de supermercados, farmacéuticos, enfermeiros, camioneiros, banqueiros, etc. Ademais, podedes incluír un slogan ou lema, sobre o gran esforzo que fan e o agradecidos que lles estamos. Un exemplo podería ser: debuxar un camión e o seu condutor e logo pintalo con recortes de papel. Finalmente podedes escribir un lema con letras de revista que diga, grazas polo teu traballo e esforzo. Neste enlace aparecen algúns traballadore...