PROXECTO DE REFORZO: A RECEITA. (VOLUNTARIO)
O seguinte PROXECTO está pensado para que traballedes contidos do anterior curso. Para realizalo, debedes contar coa axuda dun adulto. Sigue as INSTRUCIÓNS: 1. Busca os enlaces agochados na imaxe da cociña que mostra o PDF. 2. Le a información sobre a orixe da receita que ides a realizar. Logo describe o seu país de orixe: localización, capital, idioma, personaxes famosos, costumes e curiosidades, etc. Podes axudarte da internet. 3. Visualiza o vídeo da receita e colle os ingredientes que precisas. 4. Calcula e anota o perímetro e a área do recipiente que empregues para o pastel. Pode ser rectangular ou circular. Recorda que debes medir os seus lados no caso dun rectángulo ou o radio no caso de que sexa círculo. Se o prefires podes calcular cos datos que aparecen no vídeo. 5. Coa axuda dun adulto, que se encargará da cociña e do forno, fai a receita . 6. Saca unha foto do teu pudin de pan. 7. Escribe unha receita sinxela que coñezas, empregando verbos en modo imperati...