PROXECTO DE REFORZO: A RECEITA. (VOLUNTARIO)
O seguinte PROXECTO está pensado para que traballedes contidos do anterior curso.
Para realizalo, debedes contar coa axuda dun adulto.
Sigue as INSTRUCIÓNS:
1. Busca os enlaces agochados na imaxe da cociña que mostra o PDF.
2. Le a información sobre a orixe da receita que ides a realizar. Logo describe o seu país de orixe: localización, capital, idioma, personaxes famosos, costumes e curiosidades, etc. Podes axudarte da internet.
3. Visualiza o vídeo da receita e colle os ingredientes que precisas.
4. Calcula e anota o perímetro e a área do recipiente que empregues para o pastel. Pode ser rectangular ou circular.
Recorda que debes medir os seus lados no caso dun rectángulo ou o radio no caso de que sexa círculo. Se o prefires podes calcular cos datos que aparecen no vídeo.
5. Coa axuda dun adulto, que se encargará da cociña e do forno, fai a receita.
6. Saca unha foto do teu pudin de pan.
7. Escribe unha receita sinxela que coñezas, empregando verbos en modo imperativo: corta, trocea, fai, quenta, mestura, etc. Pódela buscar na internet.
8. Visualiza o vídeo do proceso no que o azúcar se converte en caramelo.
Investiga que proceso químico se produciu en dito vídeo.
Comentarios
Publicar un comentario