PLANIFICACIÓN SEMANA 25 – 29 MAIO


LUNES 25: LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA – EDUCACIÓN FÍSICA

·       LENGUA CASTELLANA:

FICHA DE LECTURA UNA CRÍA HUMANA (El libro de la selva)

Hacer todos los ejercicios (del 1 al 11)






·       EDUCACIÓN FÍSICA. Ver trabajo semanal:http://faideporte.blogspot.com/

 _______________________________________________________


MARTES 26: MATEMÁTICAS

LIBRO 3º TRIMESTRE:

Explicación: https://www.youtube.com/watch?v=WA2_XqRRyC8

Página 167 ejercicios 30, 31, 32

Para el ejercicio 31 podéis seguir el siguiente tutorial:

https://www.youtube.com/watch?v=f90-wnfz_Xs

Para el ejercicio 32 seguir los siguientes vídeos:

https://www.youtube.com/watch?v=LjydWhu2QOI

https://www.youtube.com/watch?v=Dhd7Ox1r_vo

REPASO:

Cálculo MULTIPLICACIÓN Y DIVISIÓN POR LA UNIDAD SEGUIDA DE CEROS y RESTAS

·       423 – 123,751 =

·       547 x 100 =

·       290 x 1000 =

·       2,37 x 100 =

·       4,23 x 100 =

·       6,68 x 1000 =

·       27, 43 x 10 =

·       2,5 x 1000 =

·       795, 438 x 100 =

·       952,5 x 10000 =

·       2764, 51 – 985 =

·       34: 100 =

·       259: 1000 =

·       784: 100 =

·       6,21: 1000 =

·       59, 743: 1000 =

·       0,027: 100 =

·       1045, 72: 1000 =

·       0,74:100 =

·       0,14: 10000 =

PROBLEMAS

 

Problemas Ejercicios 2 y 12 pág 25 (Actividades. Fotocopias de Repaso)

INGLÉS. Ver trabajo semanal en el aula virtual o cuadernillo de repaso.

 https://englisheugeniolopez.blogspot.com/


 _______________________________________________________

MÉRCORES 27:

LINGUA GALEGA e LITERATURA – MÚSICA

LINGUA GALEGA:

O verbo (I): Lectura e ficha de exercicios. Facer o 1, 2, 3, 4, 5, 6 e resumo.



MÚSICA. Ver traballo semanal: https://xogamoscoamusica.blogspot.com/

 https://xogamoscoamusica.blogspot.com/2020/05/45-e-6-imos-classroom.html

 _______________________________________________________


XOVES 28: CIENCIAS SOCIAIS – PLÁSTICA

CIENCIAS SOCIAIS:

Realiza un traballo sobre o RÍO MIÑO seguindo as seguintes PAUTAS:

1. Pega ou debuxa un mapa de Galicia e sinala cunha cor azul a traxectoria do río Miño, dende o seu nacemento ata a súa desembocadura.

2. Logo ponlle nome e realiza unha DESCRICIÓN / REDACCIÓN sobre o río que conteña a seguinte información:

  • Vertente á que pertence.
  • Os lugares onde nace, discorre e desemboca o río.
  • Tipo de río: regular ou irregular e longo ou curto.
  • Lonxitude.
  • Caudal.
  • Clima da zona pola que discorre o río.
  • Afluentes.
  • Indica se está declarado Reserva da Biosfera.
  • Indica se é navegable e por onde
  • Tipo de vexetación que rodea o río.
  • Animais que se pode pescar.
  • Contaminación. 
  • Unha curiosidade sobre o río (pode ser un acontecemento que ocorrera nel, unha lenda, etc.)

3. Finalmente, realizade o DEBUXO do río tomando como referencia algunha imaxe da internet ou de calquera outra fonte.

 

Este traballo deberase realizar a man, en folios e conterá unha portada e unha presentación coidada (boa letra, marxes superior, inferior, esquerda e na dereita, etc; sen tachóns e con boa ortografía e redacción).

Para a busca da información poderedes consultar distintas fontes como internet, o libro, etc 

 

PLÁSTICA:  

Para esta semana en plástica, pódese elixir facer a opción 1 ou a opción 2.

  • OPCIÓN 1:

Búsqueda de fotos / imaxes dalgúns dos lugares que citan na ficha destas semanas anteriores de ciencias sociais: Búscase fotoógrafo/a.

Ditas imaxes poden ser presentadas en Word, en powerpoint, a través de enlaces no correo electrónico que deriven as imaxes elixidas.

En todo caso deben estar tanto as imaxes como os enlaces idenficados co seu correspondente nome.

Os lugares que deben aparecer nas fotos son os seguintes:

  • Cáucaso.
  • Elbrús.
  • A península escandinava.
  • A península de Kola.
  • Unha illa da costa mediterránea e outra da atlántica que elixírades cada un/unha de vos.
  • Un río do mar Negro en Europa.
  • Fuerteventura.
  • Puig Major.
  • Solpor no Teide.
  • Solpor en Pena Trevinca.
  • Ría de Arousa.
  • Estreito de Xibraltar e a punta de Tarifa nunha mesma foto.

 

  • OPCIÓN 2:

Aquelas persoas que non teñen os medios necesarios para realizar o traballo anterior, faredes a opción 2 que consiste no seguinte:

Elixir dous lugares dos citados na OPCIÓN 1 e  realizar dous debuxos deses lugares así como colorealo. Nos debuxos deberedes indicar o nome dos lugares.


 _______________________________________________________



VENRES 29: CIENCIAS DA NATUREZA

Cando o corazón falla (II). Páxina 10 – 11.

Explicación: http://ocompasdasciencias.blogspot.com/2019/10/ciencias-da-natureza-aparellos.html


 

 

 _______________________________________________________

 DE LUNS A VENRES

  • Hora de ler: media hora de lectura cada día



Comentarios

  1. As fichas dos exercicios subiranse ó blogue no seu correspondente día de realización.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

PLANIFICACIÓN: SEMANA 8 - 12 XUÑO

PRESENTACIÓNS DOS TEMAS DE CIENCIAS: NATURAIS (T7) - SOCIAIS ((T4)